lunes, 10 de octubre de 2011

ONDE ESTÁ MADEIRA

A madriña de Anxo Rivas regaloulle unha pedra volcánica da Madeira i el quixo traela á escola para ensinarlla ós seus compañeiros/as ademáis de contarnos cousas curiosas desa isla, dos volcáns e de cómo se forman esas rocas.

Ó preguntar onde se atopaba Madeira ninguén o sabía, por iso tiñamos que buscala no noso mapa e etiquetala como vimos facendo dende principio de curso con tódolos lugares que consideramos de interés.

Foi unha sorpresa descubrir que era unha illa de Portugal e que quedaba cerca das nosas illas Canarias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario